O entorno da igrexa de Santa Mariña de Augas Santas e a entrada a localidade acolle dende o domingo, día 22 de febreiro, unha escolma fotográfica sobre o patrimonio etnográfico e cultural da localidade.
As imaxes, de 1920 a 1950, extraen o espírito vital de Santa Mariña de Augas Santas. A procesión dos pendóns, a igrexa, a basílica da Ascensión, Armea, a fonte da santa... Ossímbolos da parroquia invaden as fotografías e convértenas nun documento de continuidade, unha garantía para a historia, nun certificado de vida. Aí, están, onte coma hoxe, os traxes de domingo, as festas e o esplendor da relixiosidade, os homes, as mulleres e os nenos. As fotografías tamén trasmiter o valor do traballo compartido, na matanza ou a seitura.
A memoria fala dunha Santa Mariña que permanece, coas súas esencias, o seu misterio e beleza, nesta vila que constuída, hoxe, coa cultura herdada, patrimonio, natureza e tamén nos seres huanos que escriben, hora a hora, a súas historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario